Salón Teatro de Santiago de Compostela
25 de febrero de 2023
Fear Of Missing Out chega ó Salón Teatro de Santiago de Compostela.
O 25 de febreiro ofrecemos un espectáculo que combina un concerto, unha exposición e unha charla sobre saúde mental.
Mostraremos obras Carlos Asorey, un artista da cidade, creador de ilustracións e esculturas que deixarán ó público impresionado.
Teremos unha charla coordinada pola psicóloga Rebeca Calvo Barros, da empresa Mentiness, e coa colaboración da USC, na que falaremos da realidade da saúde mental antes e despois da COVID.
E pecharemos coa interpretación do noso disco Disorders, con letras escritas por persoas con trastornos mentais. Todo isto, con entrada con aportación voluntaria íntegra a favor FEAFES Galicia. Esperámosvos!
Entradas á venda en entradium.com
Datos rápidos:
- Cuándo:
- 25 de febrero de 2023 a las 19:00